Mandrakelinux ============= ============================================================================ O contido deste CD-ROM ten Copyright © 2003-2005 de Mandrakesoft S.A. e outros. Por favor mire os avisos inidividuais de copyright en cada paquete de código fonte para os termos de distribución. Os termos de distribución das utilidades con copyright de Mandrakesoft están no ficheiro COPYING. Mandrakelinux e o seu logo son marcas comerciais de Mandrakesoft S.A. ============================================================================ 1. Organización do directorio raíz O directorio raíz está organizado do seguinte xeito: |--> media/ | |--> main/ principais paquetes binarios | |--> contrib/ paquetes binarios da sección "contrib" | `--> media_info/ metadatos dos paquetes |--> install/ | |--> extra/ imaxes publicitarias da instalación | |--> images/ imaxes de arrinque | `--> stage2/ imaxes ramdisk da instalación | `--> live/ ficheiros do programa de instalación |--> isolinux/ imaxes de arrinque isolinux |--> doc/ ficheiros de axuda da instalación en varias linguas |--> dosutils/ utilidades de instalación para DOS |--> misc/ ficheiros de código fonte, árbores de instalación |--> VERSION número da versión actual |--> COPYING información do copyright |--> INSTALL.txt instruccións da instalación `--> README.txt este ficheiro en modo texto Se está facendo unha réplica nunha partición ou nun volume NFS, precisará ter tódalas cousas e ficheiros relacionados ca instalación en "install/", e todo o relacionado cos paquetes en "media/", así coma as imaxes isolinux en "isolinux/". ============================================================================ 2. Instalación Mire o ficheiro INSTALL.txt. NOTA IMPORTANTE SOBRE A COMPATIBILIDADE: Mandrakelinux está feita con optimizacións de velocidade para CPUs de clase Pentium (Pentium(tm) e compatibles, AMD Athlon, Pentium 4...), polo que NON FUNCIONARÁ nos antigos ordenadores baseados no i386 e i486. ============================================================================ 3. Código fonte Tódolos paquetes específicos de Mandrakelinux veñen co seu código fonte no CD de código fonte (source-CD na PowerPack Edition). Pode descargar tódolos paquetes de código fonte dende os nosos servidores FTP. No caso de que non teña acceso á Internet, Mandrakesoft pode enviarlle un arquivo co código fonte por un custo mínimo. ============================================================================ 4. Soporte Se ten acceso á web, mire en: * http://www.mandrakesoft.com/support En particular, o acceso ás nosas listas de correo pódese atopar en: * http://www.mandrakelinux.com/en/flists.php3 Se non ten acceso á web, tamén se pode subscribir á lista de correo principal. Para facelo, mande unha mensaxe a sympa@linux-mandrake.com co texto "subscribe newbie" no corpo da mensaxe. ============================================================================ Se non recibiu documentación con este producto, pode pedi-la (pagando) Mandrakelinux PowerPack Edition (varios CDs de Mandrakelinux + Guías de Instalación e Uso + soporte á instalación) á nosa tenda en liña: * http://www.mandrakestore.com/ ============================================================================ 5. Contactar Mandrakesoft pode atoparse en: * http://www.mandrakesoft.com/company/contact