Configuración requirida
Instalar Mandrakelinux é, na maioría dos casos, tan sinxelo coma poñe-lo seu CD de Instalación na súa unidade de CDROM, e reinicia-la súa máquina. Refírase ó punto 1.
NOTA:
Máis abaixo hai unha lista dos diferentes xeitos de instalar Mandrakelinux:
O CD de Instalación é arrincable. Na maioría dos casos, insira o CD na unidade e reinicie a máquina. Siga as instruccións que aparecen na pantalla: prema a tecla [Enter] para inicia-la instalación, ou prema [F1] para obter axuda adicional.
NOTA:
Nalgúns ordenadores portátiles, pode ser que o sistema non sexa capaz de arrincar dende o CD. Neste caso, debe dispoñer dun disquete de arrinque. Mire o punto 2 para os detalles.
Se o seu ordenador non pode arrincar dende o CDROM, ten que crear un disquete de arrinque en Windows deste xeito:
Para comeza-la instalación:
Se por algunha razón os métodos anteriores non lle serven (quere facer unha instalación de rede, ou dende dispositivos pcmcia ou ...), tamén necesitará crear un disquete de arrinque:
Aquí está a lista de imaxes de arrinque:
cdrom.img | instalar dende CD-ROM |
hd_grub.img | instalar dende disco duro (dende un sistema de
ficheiros Linux, Windows, ou ReiserFS) pode configuralo para o seu sistema en: http://qa.mandrakesoft.com/hd_grub.cgi |
network.img | instalar dende ftp/nfs/http NOTA: cómpre que insira network_drivers.img na súa disqueteira cando se lle indique |
pcmcia.img | instalar dende dispositivos pcmcia (advertencia, a maioría dos adaptadores de rede pcmcia están agora soportados directamente en network.img) |
Tamén pode gravar boot.iso nun CDROM e arrincar dende el. Soporta tódolos métodos de instalación, cdrom, rede, e disco duro.
Tamén pode usar unha instalación en modo texto se, por algunha razón, ten problemas ca instalación gráfica por defecto. Para usala, prema [F1] na pantalla de benvida de Mandrakelinux, e escriba text na liña de comandos.
Se necesita rescatar o seu sistema Mandrakelinux, insira o seu CDROM de Instalación (ou o disquete de arrinque correspondente), prema [F1] na pantalla de benvida de Mandrakelinux, e escriba rescue na liña de comandos.
Mire http://www.mandrakelinux.com/drakx/README para obter información máis técnica.
Nota importante:
A conta "root" daralle acceso sen restriccións ó seu sistema Linux. Non a use agás para configurar ou administrar Linux. Para o uso cotián, utilice unha conta de usuario normal a cal pode configurar ca utilidade "userdrake", ou cos comandos "adduser" e "passwd".
Para obter soporte adicional, mire as seguintes páxinas: