Mandrakelinux

Instruccións de Instalación

Configuración requirida

Instalar Mandrakelinux é, na maioría dos casos, tan sinxelo coma poñe-lo seu CD de Instalación na súa unidade de CDROM, e reinicia-la súa máquina. Refírase ó punto 1.

NOTA:


Máis abaixo hai unha lista dos diferentes xeitos de instalar Mandrakelinux:

  1. Arrincar directamente dende o CD
  2. Crear un disquete de arrinque con Windows
  3. Outros métodos de instalación


1. Arrincar directamente dende o CD

O CD de Instalación é arrincable. Na maioría dos casos, insira o CD na unidade e reinicie a máquina. Siga as instruccións que aparecen na pantalla: prema a tecla [Enter] para inicia-la instalación, ou prema [F1] para obter axuda adicional.

NOTA:

Nalgúns ordenadores portátiles, pode ser que o sistema non sexa capaz de arrincar dende o CD. Neste caso, debe dispoñer dun disquete de arrinque. Mire o punto 2 para os detalles.

[ir ó comezo desta páxina]


2. Crear un disquete de arrinque con Windows

Se o seu ordenador non pode arrincar dende o CDROM, ten que crear un disquete de arrinque en Windows deste xeito:

Para comeza-la instalación:

[ir ó comezo desta páxina]


3. Outros métodos de instalación

Se por algunha razón os métodos anteriores non lle serven (quere facer unha instalación de rede, ou dende dispositivos pcmcia ou ...), tamén necesitará crear un disquete de arrinque:

Aquí está a lista de imaxes de arrinque:

cdrom.img instalar dende CD-ROM
hd_grub.img instalar dende disco duro (dende un sistema de ficheiros Linux, Windows, ou ReiserFS)
pode configuralo para o seu sistema en: http://qa.mandrakesoft.com/hd_grub.cgi
network.img instalar dende ftp/nfs/http
NOTA: cómpre que insira network_drivers.img na súa disqueteira cando se lle indique
pcmcia.img instalar dende dispositivos pcmcia (advertencia, a maioría dos adaptadores de rede pcmcia están agora soportados directamente en network.img)

Tamén pode gravar boot.iso nun CDROM e arrincar dende el. Soporta tódolos métodos de instalación, cdrom, rede, e disco duro.

[ir ó comezo desta páxina]


Tamén pode usar unha instalación en modo texto se, por algunha razón, ten problemas ca instalación gráfica por defecto. Para usala, prema [F1] na pantalla de benvida de Mandrakelinux, e escriba text na liña de comandos.

Se necesita rescatar o seu sistema Mandrakelinux, insira o seu CDROM de Instalación (ou o disquete de arrinque correspondente), prema [F1] na pantalla de benvida de Mandrakelinux, e escriba rescue na liña de comandos.

Mire http://www.mandrakelinux.com/drakx/README para obter información máis técnica.

[ir ó comezo desta páxina]


Estas son as principais etapas da instalación:

  1. Insira o seu CDROM de Instalación (ou o Disquete de Instalación se é necesario) e reinicie a súa máquina.
  2. Prema [Enter] cando apareza a pantalla de benvida de Mandrakelinux e siga coidadosamente as instruccións.
  3. Cando a instalación estea completa, retire o CD-ROM cando sexa expulsado (e tódolos disquetes das disqueteiras); a súa máquina debería reiniciarse. Se non o fai, reiniciea manualmente.
  4. Mandrakelinux debería iniciarse. Despois do arrinque, pode facer "login" na súa máquina usando a conta de usuario creada durante a instalación, ou coma "root".

Nota importante:

A conta "root" daralle acceso sen restriccións ó seu sistema Linux. Non a use agás para configurar ou administrar Linux. Para o uso cotián, utilice unha conta de usuario normal a cal pode configurar ca utilidade "userdrake", ou cos comandos "adduser" e "passwd".

Boa sorte con Mandrakelinux!

[ir ó comezo desta páxina]


Para obter soporte adicional, mire as seguintes páxinas: