Mandriva Linux Instruccións de Instalación - Mandriva Linux 2008 Configuración requirida * Procesador Pentium ou compatible * Unidade de CDROM * Polo menos 32 MB RAM, aínda que se recomendan 64 MB Instalar Mandriva Linux é, na maioría dos casos, tan sinxelo coma poñe-lo CD de Instalación na unidade de CDROM, e reinicia-la máquina. Consulte o punto 1. NOTA: * Se está actualizando dende as versións de Mandriva Linux 7.x, 8.x ou 9.x, non esqueza facer unha copia de seguridade do seu sistema. * NON está soportada a actualización dende versións moi novas (anteriores á 7.0). Neses casos, cómpre facer unha instalación dende cero e non unha actualización. ============================================================================ Debaixo están listados os diferentes xeitos de instalar Mandriva Linux: 1. Arrincar directamente dende o CD 2. Crear un disquete de arrinque con Windows 3. Outros métodos de instalación ============================================================================ 1. Arrincar directamente dende o CD O CD de Instalación é arrincable. Na maioría dos casos, insira o CD na unidade e reinicie a máquina. Siga as instruccións que aparecen na pantalla: prema a tecla [Intro] para inicia-la instalación, ou prema [F1] para obter axuda adicional. NOTA: Nalgúns ordenadores portátiles, pode ser que o sistema non sexa capaz de arrincar dende o CD. Neste caso, debe dispoñer dun disquete de arrinque. Mire o punto 2 para os detalles. ============================================================================ 2. Crear un disquete de arrinque con Windows Se o seu ordenador non pode arrincar dende o CDROM, ten que crear un disquete de arrinque en Windows deste xeito: * insira o CDROM, e abra a icona "O Meu Computador"/"Mi PC", prema co botón dereito na icona da unidade de CDROM e escolla "Abrir" * vaia ó directorio "dosutils" e faga dobre clic na icona "rawwritewin" * insira un disquete baleiro na disqueteira * seleccione "D:\images\cdrom.img" no campo "Image File" (asumindo que a súa unidade de CDROM é "D:", doutro xeito reemprace "D:" polo que corresponda) * seleccione "A:" no campo "Floppy Drive" e prema en "Write". Para comeza-la instalación: * insira o CDROM na unidade, así coma o disquete de arrinque, e despois * reinicie o ordenador. ============================================================================ 3. Outros métodos de instalación Se por algunha razón os métodos anteriores non lle serven (quere facer unha instalación de rede, ou dende dispositivos pcmcia ou ...), tamén necesitará crear un disquete de arrinque: * En Linux (ou noutros Unix modernos) escriba na liña de comandos: $ dd if=xxxxx.img of=/dev/fd0 * En Windows, siga o método descrito no punto 2, pero usando xxxxx.img (mire máis abaixo) en vez de cdrom.img. * En DOS, asumindo que a súa unidade de CD é D:, escriba: D:\> dosutils\rawrite.exe -f install\images\xxxxx.img -d A Aquí está a lista de imaxes de arrinque: +-----------------+------------------------------------------------------+ | cdrom.img | instalar dende o CD-ROM | +-----------------+------------------------------------------------------+ | hd_grub.img | instalar dende o disco duro (dende un sistema de | | | ficheiros Linux, Windows, ou ReiserFS) | | | pode configuralo para o seu sistema en: | | | http://qa.mandriva.com/hd_grub.cgi | +-----------------+------------------------------------------------------+ | network.img | instalar dende ftp/nfs/http | | | NOTA: cómpre que insira network_drivers.img na súa | | | disqueteira cando se lle indique | +-----------------+------------------------------------------------------+ | pcmcia.img | instalar dende dispositivos pcmcia (advertencia, a | | | maioría dos adaptadores de rede pcmcia | | | están actualmente soportados directamente | | | en network.img) | +-----------------+------------------------------------------------------+ Tamén pode gravar boot.iso nun CDROM e arrincar dende el. Soporta tódolos métodos de instalación, cdrom, rede, e disco duro. ============================================================================ Tamén pode usar unha instalación en modo texto se, por algunha razón, ten problemas ca instalación gráfica por defecto. Para usala, prema [F1] na pantalla de benvida de Mandriva Linux, e escriba text na liña de comandos. Se precisa rescatar o seu sistema Mandriva Linux, insira o seu CDROM de Instalación (ou o disquete de arrinque correspondente), prema [F1] na pantalla de benvida de Mandriva Linux, e introduza rescue na liña de comandos. Consulte http://www.mandrivalinux.com/drakx/README para obter máis información técnica. ============================================================================ Estas son as principais etapas da instalación: 1. Insira o CDROM de Instalación (ou o Disquete de Instalación se é necesario) e reinicie a máquina. 2. Prema [Intro] cando apareza a pantalla de benvida de Mandriva Linux e siga coidadosamente as instruccións. 3. Cando a instalación estea completa, retire o CD-ROM cando sexa expulsado (e tódolos disquetes das disqueteiras); a máquina debería reiniciarse. Se non o fai, reiniciea manualmente. 4. Mandriva Linux debería iniciarse. Despois do arrinque, pode facer login na máquina usando a conta de usuario creada durante a instalación, ou coma "root". Nota importante: A conta "root" daralle acceso sen restriccións ó seu sistema Linux. Non a use agás para configurar ou administrar Linux. Para o uso cotián, utilice unha conta de usuario normal a cal pode configurar ca utilidade "userdrake", ou cos comandos "adduser" e "passwd". Boa sorte con Mandriva Linux! ============================================================================ Para obter soporte adicional, consulte as seguintes páxinas: * E-Soporte en http://www.mandrivaexpert.com/ * Erros de Mandriva Linux en http://www.mandrivalinux.com/en/errata.php3 * Avisos de Seguridade de Mandriva Linux en http://www.mandriva.com/security/advisories * Documentación en liña en http://www.mandrivalinux.com/en/fdoc.php3 * Lea e únase ós Foros de discusión en liña de Mandriva Club en http://club.mandriva.com * Únase ás Listas de Correo en http://www.mandrivalinux.com/en/flists.php3 * Arquivos da Lista de Correo-e de procura doada en http://marc.theaimsgroup.com/ * Buscar na Internet usando Google para Linux http://www.google.com/linux * Procurar por grupos de Usenet empregando Google Groups en http://groups.google.com/groups?group=comp ============================================================================