Promoción de Linux mini-HOWTO: Sobre este documento  
[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]


1. Sobre este documento

Este é o Promoción de Linux COMO e pretende proporcionar unha e ideas pra axudarte cos teus esforzos pra promocionar Linux.

Este COMO foi inspirado por Jon "maddog" Hall cando respostou a unha petición de ideas pra promocionar Linux durante as actividades NetDay. Respostou positivamente ás ideas e observou que estas poderían ser as bases dunha lista de "cánones de conducta" que beneficiarían á comunidade Linux.

Este documento está dispoñible en formato HTML e en inglés en: http://www.datasync.com/~rogerspl/Advocacy-HOWTO.html.

Mauricio Rivera Pineda <rmrivera@hotmail.com> traduciu este documento ó Español.

Nat Makarevitch <nat@nataa.fr.eu.org> traduciu este documento ó Francés.

WoDeN <debalde@linuxmail.org> traduciu este documento ó Galego.

Janusz Batko <janus@krakow.linux.org.pl> traduciu este documento ó Polaco.

Bruno H. Collovini <buick@microlink.com.br> traduciu este documento ó Portugués.

Chie Nakatani <jeanne@mbox.kyoto-inet.or.jp> traduciu este documento ó Xaponés.

O autor e mantedor da Linux Advocacy mini-HOWTO é Paul L. Rogers <Paul.L.Rogers@li.org>.

Agradecemos os comentarios e as adicións propostas.

Se precisas saber máis acerca do Linux Documentation Project ou sobre os HOWTO de Linux, contacta co supervisor Tim Bynum <linux-howto@metalab.unc.edu>. Tim Bynum enviará este documento a grupos de novas de todo o mundo.

Unha nota persoal do autor: Debido a diversas circunstancias, non puiden adicarlle moito tempo ó mantemento deste COMO e a relacionarme coa comunidade Linux coma tivera desexado. Pido desculpas por isto e se intentaches contactar conmigo e fun lento en respostar, por favor perdóame por ser tan desconsiderado. Anque aínda teño moitos outros compromisos, anticipo que comezarán a requerir menos tempo o que me permitirá tratar outras partes da miña vida. Agradezo a túa paciencia e me gostaría extender este agradecemento a todas aquelas persoas que gastaron o seu tempo suxerindo engadidos e correccións.


[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]