[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]


3. Introducción

A comunidade de Linux sabe dende fai algún tempo que pra moitas aplicacións, Linux é un producto estable, seguro e robusto (aínda que non perfecto). Desafortunadamente, hai aínda moita xente, incluindo á que toma as decisións, que non saben da existencia de Linux e as súas capacidades.

Se Linux e os outros moitos compoñentes que conforman unha distribución de Linux están pra alcanzar o seu completo potencial, é crítico que cheguemos ós posibles "clientes" e promocionemos (sendo coidadosos de non prometer de máis) o uso de Linux pra aplicacións axeitadas. A razón de que moitos productos dunha compañía teñan éxito no mercado é debido non tanto á superioridade técnica do producto coma ás habilidades de mercadotecnia da compañía.

Se disfrutas usando Linux e gostaríache contribuir en algo á comunidade Linux, considera participar nunha ou máis das ideas engadidas neste COMO e axuda ós outros a aprender máis sobre Linux.


[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]