5. Promocionar Linux
- Comparte as túas experiencias persoais (boas e malas) con Linux. Todo o mundo sabe que o software ten erros e limitacións e se nós só facemos comentarios entusiastas sobre Linux, non estamos a ser honestos. Encántame decirlle á xente que só tiven que reiniciar catro veces (tres programadas) en tres anos.
- Se alguén ten un problema que Linux poida resolver, ofrécete a indicarlle onde atopar información axeitada (páxinas web, artigos de revistas, libros, consultores...). Se aínda non utilizaches a solución proposta, dillo.
- Se estás dispoñible pra facer presentacións de Linux, rexístrate no Linux Speakers Bureau.
- Ofrécete pra axudar a alguén a comezar a usar Linux. Sígueo pra asegurarte de que poden utilizar o seu sistema dun xeito efectivo.
- Algunha xente ainda cre que Linux e sistemas semellantes só traballan en modo-texto. Asegúrate de que saiban da dispoñibilidade das aplicacións gráficas, tales coma o Gimp.
- Intenta respostar a un correo "novato" cada semana. Busca as preguntas difíciles, debes ser o único en respostar e debes aprender algo no proceso. De tódolos xeitos, se non estás seguro de poder respostar correctamente, atopa a alguén que poida.
- Busca pequenas empresas de desenrolo de software e ofrécete pra facer unha apresentación sobre Linux.
- Se surxe a oportunidade, fai unha apresentación o grupo de Tecnoloxía da Información da túa empresa.
- Participa en eventos comunitarios coma NetDay. Ainda que a túa primeira prioridade debe ser contribuir ó éxito do evento, utiliza a oportunidade pra ensinarlles ós demais que pode facer Linux por eles.
- Ten sempre en conta os puntos de vista da xente á quen lle estás a "vender" Linux. Soporte, fiabilidade, interoperabilidade e prezo son todos factores que se deben considerar á hora de tomar unha decisión. Do anterior, o prezo é de cotío a parte menos importante.
- A dispoñibilidade de soporte é de cotío mencionada coma un problema cando se considera a adopción de Linux. Compañías coma Caldera, Cygnus Solutions, Red Hat e S.u.S.E. ofrecen axuda pra algúns ou tódolos compoñentes dunha distribución típica de Linux. Amais, a
Linux Consultants HOWTO proporciona unha lista de compañías que proporcionan soporte comercial relacionado con Linux. Por suposto, algún do mellor soporte atópase nos grupos de novas sobre Linux.
- Sinala que a producción de software open-source toma lugar nun entorno de colaboración aberta entre arquitectos de sistemas, programadores, escritores, alpha/beta testers e usuarios finais do que de cotío resultan programas robustos e ben documentados coma Apache, GNU Emacs, Perl e o kernel de Linux.
- ¡Érguete e sé contado! Rexístrate no Linux Counter.
- Dá conta dos esforzos exitosos promocionando Linux a Linux International (li@li.org) e organizacións semellantes.
- Atopa un novo lar prós CR-ROMs e libros de Linux que xa non vaias a precisar. Dallos a alguén interesado en Linux, unha biblioteca pública ou un clube informático escolar. Un libro e o seu CD-ROM serían máis axeitados pra unha biblioteca. De tódolos xeitos, asegúrate de non violar a licencia ou copyright facendo o CD-ROM publicamente dispoñible. Informa, tamén, ó persoal da biblioteca que o material do CD-ROM é de libre distribución. Preocúpate de asegurarte de que está dispoñible.
- Cando merques libros sobre software distribuido con Linux, dalle preferencia ós libros escritos polo autor do software. Os royalties que os autores reciben das ventas do libro poden ser a única compensación económica recibida polos seus esforzos.
- Anima ós sitio baseados en Linux a entrar na páxina
Powered by Linux e suxire que visualicen banners no seu sitio promocionando Linux, Apache, GNU, Perl, GzLiNuX...
- ¡Participa! Se obtiveches beneficio do software open-source, considera apoiar á comunidade do software libre:
- enviando informes detallados dos erros
- escribindo documentación
- creando artwork
- proporcionando habilidade na administración
- suxerindo melloras
- proporcionando soporte técnico
- contribuindo con software
- doando equipo
- proporcionando soporte financieiro
O Linux Documentation Project proporciona unha lista de proxectos relacionados con Linux.
- Finalmente, lembra que temos asuntos que tratar infinitamente máis importantes que a selección dun entorno informático.