Instruccións de instalación
Configuración requirida
- Procesador Pentium ou compatible
- Unidade de CDROM
- Polo menos 32 MB de RAM
- Tarxeta gráfica compatible con VESA 2.0
Instalar Linux-Mandrke é, na maioría dos casos, tan sinxelo como poñe-lo
seu CD de instalación na súa unidade de CDROM, e reinicia-la súa máquina.
Refírase ó punto 1.
Nembargantes, hai outros xeitos de instalar Mandrakelinux, debería
tentalos en orde:
1. Arrincar directamente do CD
O CD de Instalación é arrincable. Na maioría dos casos, insira o CD
na unidade e reinicie a máquina. Siga as instruccións que aparecen na
pantalla, e máis nada.
ir ó comezo
4. Crear un disquete de arrinque con windows
Se o seu ordenador non pode arrincar do CDROM e os métodos anteriores
non funcionan, ten que crear un disquete de arrinque en Windows deste
xeito:
-
insira o CDROM, e abra a icona "My Computer"/"Mi PC",
prema co botón dereito na icona da unidade de CDROM e escolla
"Open"/"Abrir"
-
vaia ó directorio "dosutils" e faga dobre clic na icona
"rawwritewin"
-
insira un disquete baleiro na disqueteira
-
seleccione "D:\images\cdrom.img" no campo "Image File"
(asumindo que a súa unidade de CDROM é "D:", doutro xeito remprace
"D:" polo que necesite)
-
seleccione "A:" no campo "Floppy Drive" e prema en
"Write".
Para principia-la instalación, insira o CDROM na unidade, así como
o disquete de arrinque, e reinicie o ordenador.
ir ó comezo
5. Outros métodos de instalación
Se por algunha razón os métodos anteriores non lle serven (quere facer
unha instalación de rede, ou dende dispositivos pcmcia, ou...), necesitará
tamén crear un disquete de arrinque :
-
En Linux (ou noutros Unix modernos), escriba na liña de comandos :
dd if=xxxxx.img of=/dev/fd0
-
En Windows, siga o método descrito no punto 4, pero usando xxxxx.img
(mire abaixo) en vez de cdrom.img.
-
En MS-DOS, asumindo que a súa unidade cd CD é D:, faga :
D:\dosutils\rawrite.exe -f D:\images\xxxxx.img -d A
xxxxx.img
é a imaxe de arrinque :
- cdrom.img: instalar de CD-ROM.
- hd.img: instalar de disco duro.
- network.img: instalar de ftp/nfs/http.
- pcmcia.img: instalar de dispositivos pcmcia.
ir ó comezo
Tamén pode usar unha instalación en modo texto se, por algunha
razón, ten problemas coa instalación gráfica por defecto. Para usala, prema
F1 na pantalla de benvida de Mandrakelinux, e escriba
text na liña de comandos.
Se necesita facer un rescate do seu sistema Mandrakelinux, insira
o seu CDROM de Instalación (ou o disquete de arrinque correspondente), prema
F1 na pantalla de benvida de Mandrakelinux, e escriba
rescue na liña de comandos.
Mire
http://www.linux-mandrake.com/drakx/README
para información máis técnica
Estas son as principais etapas da instalación:
- Insira o seu CDROM de Instalación (ou o disquete de instalación se o
necesita) e reinicie a súa máquina.
- Prema enter cando apareza a pantalla de benvida de Mandrakelinux e
siga coidadosamente as instruccións.
- Cando a instalación estea completa, saque o CD-ROM ó ser expulsado
(e tódolos disquetes nas unidades); a súa máquina debería reiniciarse.
- Linux debería iniciarse. Despois do arrinque, pode facer "login"
na súa máquina como "root", ou calquera conta de usuario creada
durante a instalación.
Nota importante : a conta "root" daralle acceso sen
restriccións ó seu sistema Linux. Non a use máis que para configurar ou
administrar Linux. Para o uso diario, utilice unha conta de usuario normal
cos comandos "adduser USUARIO" e "passwd USUARIO".
Boa sorte con Mandrakelinux
ir ó comezo
Para soporte de instalación, mire a lista de difusión de Mandrake e
as FAQs na páxina web de Mandrake
http://www.linux-mandrake.com