Instruccións de instalación


Configuración requirida

Instalar Linux-Mandrke é, na maioría dos casos, tan sinxelo como poñe-lo seu CD de instalación na súa unidade de CDROM, e reinicia-la súa máquina. Refírase ó punto 1.

Nembargantes, hai outros xeitos de instalar Mandrake Linux, debería tentalos en orde:



1. Arrincar directamente do CD

O CD de Instalación é arrincable. Na maioría dos casos, insira o CD na unidade e reinicie a máquina. Siga as instruccións que aparecen na pantalla, e máis nada.

ir ó comezo


4. Crear un disquete de arrinque con windows

Se o seu ordenador non pode arrincar do CDROM e os métodos anteriores non funcionan, ten que crear un disquete de arrinque en Windows deste xeito:


Para principia-la instalación, insira o CDROM na unidade, así como o disquete de arrinque, e reinicie o ordenador.

ir ó comezo


5. Outros métodos de instalación

Se por algunha razón os métodos anteriores non lle serven (quere facer unha instalación de rede, ou dende dispositivos pcmcia, ou...), necesitará tamén crear un disquete de arrinque :


xxxxx.img é a imaxe de arrinque :

ir ó comezo


Tamén pode usar unha instalación en modo texto se, por algunha razón, ten problemas coa instalación gráfica por defecto. Para usala, prema F1 na pantalla de benvida de Mandrake Linux, e escriba text na liña de comandos.

Se necesita facer un rescate do seu sistema Mandrake Linux, insira o seu CDROM de Instalación (ou o disquete de arrinque correspondente), prema F1 na pantalla de benvida de Mandrake Linux, e escriba rescue na liña de comandos.

Mire http://www.linux-mandrake.com/drakx/README para información máis técnica


Estas son as principais etapas da instalación:

  1. Insira o seu CDROM de Instalación (ou o disquete de instalación se o necesita) e reinicie a súa máquina.

  2. Prema enter cando apareza a pantalla de benvida de Mandrake Linux e siga coidadosamente as instruccións.

  3. Cando a instalación estea completa, saque o CD-ROM ó ser expulsado (e tódolos disquetes nas unidades); a súa máquina debería reiniciarse.

  4. Linux debería iniciarse. Despois do arrinque, pode facer "login" na súa máquina como "root", ou calquera conta de usuario creada durante a instalación.


Nota importante : a conta "root" daralle acceso sen restriccións ó seu sistema Linux. Non a use máis que para configurar ou administrar Linux. Para o uso diario, utilice unha conta de usuario normal cos comandos "adduser USUARIO" e "passwd USUARIO".
 
 

Boa sorte con Mandrake Linux

ir ó comezo

Para soporte de instalación, mire a lista de difusión de Mandrake e as FAQs na páxina web de Mandrake

http://www.linux-mandrake.com